Grejniec, Michael

A que sabe a Lúa? / Grejniec, Michael do texto e das ilustracións - 10ª ed. - Pontevedra :Kalandraka , 2015 - 36 p. :il. cor ; 29cm - Tras os montes .

Único exemplar na biblioteca (dar de baixa os anteriores - mal estado)

Contén póster medidor

Un libro tan redondo e saboroso como a lúa chea. Os animais da selva mostrarannos que as cousas compartidas sempre saben moito mellor.

Quen non soñou algunha vez con darlle unha dentada á lúa? Este foi precisamente o desexo dos animais deste conto. Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se estiraban, non eran quen de tocala. Daquela, a tartaruga tivo unha idea xenial: “Se sobes ao meu lombo, poida que cheguemos onda ela”, díxolle ao elefante. Esta é unha historia de desexos que parecen -a primeira vista- inalcanzables, como a lúa, pero que conseguen facerse realidade grazas á cooperación. Unha axuda mutua da que son partícipes animais moi variados: a tartaruga, sobre a que se sostería o mundo, segundo a mitoloxía; o elefante, a xirafa, a cebra, o león, o raposo... Ata que, finalmente, o máis pequeno de todos...

A medio camiño entre a fábula e a lenda, este relato ofrece unha poética ensinanza que fala de xenerosidade, solidariedade e soños compartidos. Cunha chisca de humor; o que achega unha lúa sorrinte, burlona e algo saltadora.

1º-2º Primaria 4º-5º-6º Educación Infantil

9788484646259


Lúa
Amizade
Contos acumulativos
Animais

82-N

Coa tecnoloxía Koha